Concello da Coruña

Concello da Coruña

En familia

Se estás a planear unha viaxe en familia... Parabéns! A Coruña é o destino ideal para que todos os membros gocen dunhas vacacións perfectas. Que podes agardar da nosa cidade? Todo! Museos didácticos, parques e xardíns, cómodos aloxamentos, menús para todos os petos, praias, actividades deportivas, mitos e lendas e unha infinidade de aventuras.

A Coruña agárdate con moitas propostas para gozar en familia. Seguro que non poderedes elixir só unha. Mostrámosche algunhas suxestións nas que os peques pasarano en grande ... e por que non, os adultos tamén!

Que facer na Coruña en familia?

Torre de Hércules

Non deixedes pasar a oportunidade de visitar en familia o faro romano máis antigo do mundo e o único que se conserva en funcionamento. As persoas máis atrevidas poden subir os 234 chanzos da Torre para contemplar as vistas. Pero outra opción igual de impresionante é pasear pola contorna e polo seu Parque Escultórico. Fascinaranvos as súas lendas, nas que non faltan os heroes e os xigantes, como a de Hércules e Xerión.

Museos Científicos

A Casa das Ciencias, a Casa do Home-Domus e a Casa dos Peixes-Aquarium Finisterrae son visita obrigada, sobre todo se viaxas con nenos. Os Museos Científicos da Coruña son todo un espectáculo e deixarán un recordo indeleble nos máis pequenos.

Museos científico-tecnolóxicos

Castelos e museos

Sen dúbida un dos museos favoritos para as e os peques  aventureiros/as. O Castelo de San Antón, hoxe o museo arqueolóxico da cidade, garda entre as súas paredes múltiples historias da súa época como fortaleza, ademais de coleccións de armas e armaduras, pezas de castros ou a recreación dunha embarcación viquinga.

O neno Picasso

Pablo Picasso viviu na Coruña desde os 9 aos 14 anos. Podedes visitar a Casa Museo Picasso, a mesma na que residiu de neno, e na que iniciou os seus pasos como pintor e perfeccionou os seus dotes de debuxante.

Ascensor panorámico e Monte de San Pedro

Un dos mellores parques da Coruña está nas alturas, o Monte de San Pedro. Podedes subir en coche ou no seu espectacular ascensor panorámico en forma de enorme esfera, unha experiencia en grao sumo divertido para as/os pequenas/os... e non tan pequenas/os.

Monte de San Pedro

Praias

¡Aquí si hai praia! ¡E na propia cidade! Se nos visitades no verán é obrigado un mergullo no Atlántico. Noutras épocas do ano o máis recomendable é gozar da contorna costeira, un plan sinxelo pero incrible. As praias son cómodas e accesibles, con todos os servizos: amplas e cheas de vida como Orzán, Riazor, San Amaro ou Oza; ou máis pequenas e recollidas como As Lapas e Matadoiro.

Natureza e Deporte

Zonas verdes

Máis de 13 quilómetros de paseo marítimo dan para moito. En bicicleta ou andando. Vós elixides, pero percorrer este paseo é a maneira ideal de coñecer a fachada atlántica da cidade e descubrir a vida xunto ao mar. E para gozar da natureza na cidade, atoparedes ao voso paso unha infinidade de parques e xardíns.

Parques e Xardíns

Deporte

Amantes do fútbol? Parabéns! Na Coruña somos moi de fútbol. O estadio de Riazor, sede do Deportivo da Coruña, sitúase xunto á praia do mesmo nome. Pero hai vida máis aló do fútbol e a cidade destaca por unha grande oferta de actividades náuticas.

Poderás contratar clases en familia e gozar de momentos moi divertidos practicando deportes e actividades de lecer como o surf, as carreiras, o skate, o golf...

Natureza e Deporte

Talaso Kids

Piscina activa con auga de mar quente, cadeiras de brazos de hidromasaxe, chorros, jacuzzi, río remolino, tobogán, animación infantil, .... Termaria ten preparadas unha chea de sorpresas para péquelos de entre 3 e 12 anos.

Talaso kids

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión