Concello da Coruña

Concello da Coruña

En parella

A Coruña ten todo o que necesitas para gozar dunha escapada romántica. Se buscas sorprender á túa parella regálalle unha fin de semana na Cidade de Cristal. Roubaralle o corazón! Paseos á beira do mar, interminables solpores, contornas idílicas, arquitectura modernista, elegantes aloxamentos, opcións wellness, o último en moda e tendencias, e unha oferta culinaria en grao sumo tentadora están a esperarvos.

Moitos son os plans que poderedes gozar aquí. ¿Apetece deleitarse coas vistas no paseo marítimo máis longo de Europa? ¿Animádesvos a subir ao alto do faro máis antigo do mundo en funcionamento? ¿Queredes coñecer a tradición cervexeira da Coruña e catar a mellor cervexa no museo MEGA ? ¿Ou por que non unha tarde de praia e de posta de sol? ¡Teredes unha estancia chea de sorpresas!

Desde almorzar na habitación con vistas ao Atlántico, relaxarse con algún dos tratamentos de Termaria , gozar das sesións vermú e o tapeo, unha velada nun restaurante estrela Michelín admirando a baía coruñesa, tomarse unha copa á noitiña, ou reservar entrada para algún espectáculo ou concerto ... o flechazo está asegurado.

¡Consulta a Axenda de eventos e organiza a túa escapada!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión