Concello da Coruña

Concello da Coruña

Casa das Ciencias

A Casa das Ciencias atópase situada no bonito parque de Santa Margarida. Este coqueto palacete acolle exposicións de astronomía, talleres e actividades que convidan a desentrañar os misterios da ciencia e o firmamento

Inaugurada en 1985, A Casa das Ciencias foi o primeiro dos tres museos científicos coruñeses. Baixo o lema "prohibido non tocar" abriu paso aos museos interactivos da cidade.

Un espazo único no que experimentar e divertirse mentres se aprende sobre ciencia, física e astronomía. Diferentes módulos interactivos agárdante en cada planta, así como exposicións e actividades con temáticas tales como a lei da gravidade de Newton, o Sistema Solar, a vida dos astronautas ou astrofotografía. No oco central da súa escaleira sorprenderate atopar un impresionante péndulo de Foucault que nos explica o movemento de rotación da Terra.

A iso súmase a visita imprescindible á súa cúpula. Na escuridade do seu Planetario, pódense observar as estrelas, as constelacións e os planetas, programando sesións adaptadas a varias idades.

Atoparás máis información sobre horarios e prezos na web da Casa das Ciencias .

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión