Benvidas e benvidos á Cidade Vella, unha visita imprescindible pola historia da Coruña. Os nomes das súas rúas, as igrexas e as súas casas palacianas contaranche os segredos do noso pasado medieval e barroco.
Goza deste paseo polas empedradas rúas que ocupan a antiga cidade, refundada en 1208 por orde de Alfonso IX de León, á beira do bravo Atlántico Norte, no antigo asentamento romano de Brigantium.
Podes descargar aquí o folleto da Ruta Cidade Vella .