O teu destino gastronómico
A Coruña é unha cidade abrazada polo mar. O Atlántico marca o noso carácter, a nosa alma, e, como non, marca a nosa gastronomía. Sabores e aromas que lembran a inmensidade do océano, mais tamén a tradición da terra do interior, dos cultivos máis arraigados de Galicia.
Un festival culinario onde tradición e innovación están presentes en propostas salgadas e doces, nas que refulxe a calidade da materia prima e a excelencia de chefs, que converten A Coruña nun grande expoñente da Dieta Atlántica e da gastronomía galega.
Unha cociña que destaca polo uso de alimentos de tempada, locais, frescos e minimamente procesados, así como a abundancia de alimentos procedentes do mar e do campo, e na que predomina a cocción, o guisado e os produtos feitos á brasa.
Unha oferta tan deliciosa como inimaxinable, presente nunha interminable ruta de bares, tascas e restaurantes con propostas e experiencias gastronómicas máis que apetecibles.