
Durante a celebración das Xornadas Territorio Atlántico - Reserva de Biosfera descubrirás unha oferta de menús degustación, pratos e experiencias gastronómicas deseñadas por varios restaurantes da cidade, que comparten a paixón pola materia prima galega e de proximidade, elaborando deliciosas propostas con produtor de proximidade, da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A nosa despensa km 0.
Un compromiso coa riqueza gastronómica do territorio, máis sostible e saudable, que pon en valor as empresas, profesionais e pequenos produtores e produtoras que, cada día, contribúen á identidade gastronómica coruñesa.