O mercado tradicional de abastos de Monte Alto foi construído nos anos 80 nun escampado de titularidade municipal neste barrio. O mercado ademais dos tradicionais postos de peixes e carnes, tamén incluía postos comerciais, na súa maioría na parte exterior do edificio.
O Concello da Coruña levou a cabo entre 2022 e 2025 a renovación integral do Mercado Municipal de Monte Alto, nunha actuación que contou cun orzamento de case 10 millóns de euros co obxectivo de mellorar o comercio de proximidade e os equipamentos públicos do barrio.