Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tendencia verde: moda e deseño sostible na Coruña

Tendencia verde: moda e deseño sostible na Coruña

Compra á coruñesa

Ir á moda e coidar o noso planeta é posible. Na Coruña atoparás múltiples opcións para seguir as tendencias e vestir roupa de calidade reducindo á vez a contaminación xerada pola industria da moda.

Desde negocios con pezas fabricadas en terras coruñesas ata tendas de produtos de segunda man, na nosa cidade tes múltiples opcións para manter ao día o teu armario e fuxir da 'fast fashion' ou moda rápida.

A Coruña, como grandes capitais europeas da moda como Londres ou París, conta tamén cos seus propios locais nos que sumarte á 'slow fashion' ou moda lenta e levar un modelo único que non verás repetido pola rúa. Estas son algunhas das nosas suxestións:

A cidade herculina é a capital da moda galega. A creación de pezas de roupa é tradición na Coruña, por iso atoparás múltiples boutiques con pezas deseñadas e creadas en talleres galegos.

Algúns exemplos son Cordera, que desde os seus comezos apostou por unha fabricación ética e consciente, inspirada na natureza e respectando o medio ambiente. A súa clave son as pezas atemporaiss, evitando as tendencias de moda para crear pezas eternas. A mesma filosofía séguea a firma Coolstripe, que crea as súas coleccións nun obradoiro en Galicia e fabrica pezas sustentables con padronaxes clásicos e tecidos que respectan o planeta.

A estes súmase The Figbees, que, coas súas creacións realizadas ao 100% con fibras vexetais e tinguiduras naturais resucitou unha vella leitería do barrio de Monte Alto a apostar pola moda sostible.

A carón da praza de Lugo, unha das zonas comerciais por excelencia da cidade, sitúase Muñeca de Trapo. As súas creacións tamén nacen e se crean en Galicia, da man dunha apaixonada da moda que é a cuarta xeración da súa familia en dedicarse á industria téxtil.

No epicentro da moda ecolóxica coruñesa, Santo Agostiño, está D-Raíz, firma galega de complementos sostibles que marca tendencia na 'slow fashion' herculina. No interior da súa tenda poderás atopar bolsos e bixutería 'made in' A Coruña.

Unha das marcas que destaca polo seu compromiso coa sostibilidade e por ser imaxe da Coruña é Vazva. Esta marca crea as súas pezas con materiais reciclados e orgánicos cos que aposta polo peche do proceso global con reciclaxe real e aplica a produción consciente tamén no empaquetado.

Outra marca que une a súa paixón pola moda co seu amor polo mar é Noroeste, que traballa cunha filosofía de creación de roupa duradeira e respectuosa cos/coas traballadores/as e o planeta. Ademais de vender camisetas, suadoiros e outros produtos, frecuentemente realiza actividades de limpeza de praias como mostra do seu compromiso coas nosas costas. Veralos frecuentemente por praias como a do Portiño ou Bens.

Animámoste a que te perdas polas rúas da Coruña para atopares a túa próxima firma favorita.

Tendencia verde: moda e deseño sostible na Coruña

As tendencias volven de segunda man

Se prefires vestir marcas vintage, non podes perder as incribles tendas de segunda man que se concentran no centro da cidade. No Paseo da Dársena está The Lorenzo Store, onde atoparás auténticos tesouros, como unha imprescindible gabardina Burberry. Tamén te estarán esperando distintas coleccións do vintage americano ou xaponés, entre outros.

Unha das tendas insignia da segunda man coruñesa é Vintage and Coffee, situada na praza do Humor, creada na Coruña hai máis dunha década. Nesta e noutras como Orzán 76, tamén poderás adquirir mobiliario e decoración.

Estas tendas renovan frecuentemente o seu inventario, así que che recomendamos que pases con frecuencia por elas para non perder as súas últimas novidades e atopar a próxima peza da que quedarás namorado/a.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión