As persoas que tiveron a sorte de asistir a unha función de teatro para bebés adoitan mostrar interese en repetir a experiencia. A emoción que emanan estas obras sobre o escenario é de alta intensidade.
Para público en xeral, Familias
Os días 23/02/2025 á 01:00 , 09/03/2025, 13/04/2025, 04/05/2025, 15/06/2025
11.30 e 13.00 h
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada: 6,00 €
Abono familiar (3 entradas para a mesma función): 15,00 €
Menores de 3 anos: 2,00 €
Cousas que debes saber antes de virnos ver:
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
agora@coruna.gal
As obras para persoas espectadoras tan novas reúnen algúns requisitos. Un deles é a proximidade entre o escenario e o público, o que fai que o patio de butacas se transforme nunha zona próxima ao escenario, con alfombras, coxíns, pequenos bancos..., onde nenas e nenos poden permanecer sentados con menos rixidez e dunha maneira máis acorde á súa anatomía, á beira das súas familias. O segundo requisito é a duración, que varía entre 30 e 45 minutos, que é o tempo no que a atención dun/dunha bebé pode concentrarse na actividade.
As propostas que presentamos este ano son moi variadas: con ou sen palabras, con obxectos, con música, con movemento, con efectos audiovisuais... Todas pretenden espertar sensibilidades e transmitir emocións achegándonos ao teatro, á danza, á música, á vida.
"Porque os nenos e as nenas merecen e necesitan que a arte forme parte das súas vidas; porque as artes escénicas contribúen á súa formación emocional, a desenvolver a empatía e a xerar sociedades máis xustas. Merecen poder emocionarse e gozar con contidos de calidade que lles falen da realidade da que eles e elas son partícipes. Merecen un mundo cheo de arte." (ASSITEJ España. Artes Escénicas para a Infancia e a Xuventude).
VENDA DE ENTRADAS
As entradas poderanse adquirir a partir do venres anterior a cada espectáculo.
Pagamentos: no despacho de billetes da praza de Ourense, na do Ágora e na venda en liña con tarxeta de débito ou crédito, excepto American Express.
Máis información: www.coruna.gal/cultura
Entidades
Actividades relacionadas