Buscamos tesouros agochados na nosa cidade! Acepta o reto de atopalos usando o "xeocaching"!
Infantil, Juvenil
From o 01/07/2023 at 11:30 to o 12/08/2023 at 13:30 , los sábados
Realizarase os sábados 1, 8, 15, 22 e 29 de xullo, 5 e 12 de agosto
It has already ended
From o 22/06/2023 to o 01/07/2023
Require inscrición.
Das 11.30 ás 13.30 h
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Calle Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
10
A partir dos 12 anos
bduranloriga@coruna.gal
Tel.: 981 184 388
Por segundo ano consecutivo, e tras o éxito acadado mesmo fóra das nosas fronteiras, este ano volvemos na procura de tesouros agochados na nosa cidade a través do "xeocaching" e de agochalos tamén para que outras persoas os atopen!
Dentro do Programa BiblioTECH, da Biblioteca Durán Loriga, poderás formarte nesta aplicación tecnolóxica que logo poderás trasladar para crear o teu propio xogo de orientación e descubrimento.
Co geocaching convidámoste a descubrir localizacións das cousas que te propoñas, dentro ou fóra da túa cidade, explorando "xunto" a outras persoas usuarias.
Xógase a nivel internacional, e está englobada dentro do nivel 2 da clasificación de RA (realidade aumentada), como unha forma de realidade virtual sen marcadores, na que se esconden tesouros por todo o mundo e o teu reto é atopalos. Un xogo de pistas e orientación que xa atrae a millóns de persoas!
O ano pasado agochamos balizas que ata os cruceiristas que arribaron á Coruña atoparon nos seus paseos pola cidade. Queres saber do que somos capaces este ano? Só tes que inscribirte!
Esperámoste!
Actividades relacionadas
También te puede interesar