Concello da Coruña

Concello da Coruña
DCR´25

Día da Ciencia na Rúa 2025

Os Museos Científicos Coruñeses terán entrada gratuíta este día, con reserva de entrada para visitar o Aquarium Finisterrae

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

10/05/2025

Xa rematou

Horario:

Sábado 10 de maio das 11.00 ás 19.00 horas

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Prezo:

Gratis

Para visitar o Aquarium Finisterrae será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que se poderá facer cun máximo de 3 días de antelación nesta ligazón.

Organiza:

Organizado por:

Museos Científicos Coruñeses-Concello da Coruña Asociación de Amigos da Casa das Ciencias Cátedra EMALCSA-UDC

Coa colaboración de:

Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

Deputación da Coruña

Documentos:

PLANO-INTERACTIVO-DIA-CIENCIA-RUA-2025.pdf (2 MB)

O próximo de 10 de maio daranse cita no coruñés parque de Santa Margarida arredor dun milleiro de escolares, científicos e científicas que lle ofrecerán ao publico multitude de actividades e experiencias que conectan a ciencia e a tecnoloxía coa vida cotiá.

Participarán 54 centros escolares da Coruña e outras localidades galegas, 9 centros universitarios, 13 entidades que ofrecerán actividades paralelas, realizarase a emisión dun programa especial de CUAC FM (emisora Colectivo de Universitarios Activos), Radio Coruña-Cadena SER emitirá tamén un programa en directo desde o parque de Santa Margarida e haberá un mercado gastronómico sostible.

Tamén haberá unha exhibición de peonzas acrobáticas do campión internacional Omar Pule, ás 18.00 horas.

Os Museos Científicos Coruñeses celebran este día cunha xornada de portas abertas nos seus tres centros: a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, en horario das 10.00 ás 19.00 horas (último acceso ás 18.00 horas no Aquarium, ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e na Domus).

Para visitar o Aquarium Finisterrae será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que se poderá facer cun máximo de 3 días de antelación nesta ligazón.

Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva.

A visita á Casa das Ciencias e á Domus será libre, sen reserva previa, e sempre que a capacidade non estea completa.

As persoas que queiran asistir a unha sesión de Planetario na Casa das Ciencias deberán retirar invitacións, que se repartirán media hora antes de cada sesión na recepción do museo. Entregaranse un máximo de 2 invitacións por persoa. Haberá estas sesións:

  • 11.00 h Directo: «Viaxe polo Sistema Solar... e máis alá!» (galego, a partir de 8 anos)
  • 12.00 h «O ceo de Cloe» (galego, 4-7 anos)
  • 13.00 h Directo: «El cielo de esta noche» (castelán, a partir de 8 anos)
  • 16.00 h Directo: «Viaje por el Sistema Solar...¡y más allá!» (castelán, a partir de 8 anos)
  • 17.00 h «El cielo de Cloe» (castelán, 4-7 anos)
  • 18.00 h Directo: «O ceo desta noite» (galego, a partir de 8 anos)

Pode consultarse o programa descargando o plano interactivo en formato PDF adxunto no recadro superior desta páxina.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión