Concello da Coruña

Concello da Coruña
Policia do diálogo 05.02.2026

Febreiro 2026 - O DOC DO MES - THE DIALOGUE POLICE (Policía do diálogo)

THE DIALOGUE POLICE (Policía do diálogo), o documental do mes de febreiro

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

05/02/2026

Xa rematou

Horario:

Xoves ás 20:00 h

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove, maiores 65 anos, persoas desempregadas 2,00 €

** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante a dita proxección.
  • Ao acceder á sala de cine poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o público asistente.
  • As salas de cine teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñas ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

https://docsbarcelona.com/es/

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Manifestacións. Queima de Coranes. Accións polo clima. No ollo do furacán atópase un grupo de policías suecos encargados de protexer o dereito á liberdade de expresión. Unha sociedade polarizada é a súa realidade cotiá. Un grupo variado de persoas con conviccións fortes, unidas polo humor e unha vocación común: defender a democracia co diálogo como arma.

Susanna Edwards traballa tanto no cinema de ficción como no documental. En 1996, gañou o premio sueco Guldbagge por Sunshadow, un documental sobre a toureira Cristina Sánchez. A película vendeuse a 35 países e gañou numerosos premios internacionais. No ano 2000, recibiu un nomeamento ao Guldbagge pola súa película Respect!, que segue a catro mozas adolescentes de Farsta, nos arredores de Estocolmo. Con The Dialogue Police, Susanna dá un paso máis na súa carreira, asumindo tanto a produción como a dirección - co apoio de coproductores e produtores executivos que son figuras destacadas do sector.

Un documental de Susanna Edwards

Suíza - Noruega - Dinamarca 2025

90 minutos - VO en sueco, inglés, turco, persa subtitulado español

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda en despacho de billetes Fórum: unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda en despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión