Concello da Coruña

Concello da Coruña

O ceo está máis preto do que pensas

O planetario da Casa das Ciencias programa os últimos sábados de cada mes dúas sesións especiais gratis en directo, adaptadas a diferentes públicos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 24/06/2023 ás 11:30 , 29/07/2023 ás 11:30 , 26/08/2023 ás 11:30 , 30/12/2023 ás 11:30

Horario:

Último sábado de mes ás 11.30 h (Ceo para informados) e ás 13.00 h (Ceo do mes).

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Prezo:

A entrada é gratuíta, pero é necesario retirar unha invitación na recepción da Casa das Ciencias.

As invitacións repártense (máximo de dúas invitacións por persoa) media hora antes do inicio de cada sesión, ata completarse a capacidade.

  • Ás 11.30 horas: O ceo para informados. Sesión en directo para maiores de 14 anos, destinada a un público afeito a observar o ceo nocturno e con coñecementos previos, cunha Postal planetaria a cargo de Borja Tosar, astrofísico colaborador dos Museos Científicos Coruñeses.
  • Ás 13.00 horas. O ceo do mes. Sesión en directo para maiores de 10 anos destinada a mostrarlles os detalles do ceo do mes entrante ao público principiante.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión