Concello da Coruña

Concello da Coruña

"O gaiteiro verde", da Fundación Legar

Obradoiro con instrumentos para nenas e nenos

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

22/04/2025

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 18/04/2025 ata o 22/04/2025

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 5 e 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Pídese puntualidade. 

Horario:

Dous pases: 17.00 e 18.30 horas 

Duración:

45 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

25 crianzas por sesión

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Descubriremos a relación da música e a natureza a través dos instrumentos tradicionais e artesáns que crearemos coa materia prima máis elemental: pallas, follas, cabazas, plumas... para exercitar a coordinación e valorar a nosa contorna.

A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases: 

Hai que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions

Pídese puntualidade. 

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión