Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Os Museos Científicos Coruñeses están abertos todos os días, incluídos os festivos
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Dende o 28/03/2026 ata o 06/04/2026
Horario:
Das 10.00 ás 19.00 horas
Último acceso ás 18.00 horas no Aquarium Finisterrae
Último acceso ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e na Domus
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días, incluídos os festivos, das 10.00 ás 19.00 horas, con último acceso ás 18.00 horas no Aquarium e ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e na Domus.
A programación do planetario da Casa das Ciencias, que incluirá catro sesións diarias do 28 de marzo ao 6 de abril, incorpora a estrea dunha sesión en directo cun contido especial dedicado ás eclipses solares, con motivo do que poderá gozarse desde A Coruña o 12 de agosto. Será unha sesión dirixida a persoas maiores de 10 anos na que se explicará que son as eclipses e a maneira máis adecuada e segura de observalas.
Carteleira de planetario do 28 de marzo ao 6 de abril
11.30 h: «A grande aventura do sistema solar» (gal., maiores de 6 anos)
13.00 h: «La noche es necesaria» (cast., maiores de 10 anos) (excepto o sábado 28 de marzo)
17.00 h: «Polaris» (cast., maiores de 4 anos)
18.00 h: Sesión en directo: «Vivir unha eclipse» (cast./gal. maiores de 10 anos)