Concello da Coruña

Concello da Coruña
Nada se sabe 07.03.2026

SEN NUMERAR Primavera 2026 - Nada se sabe, de Manuel Lourenzo

"Nada se sabe" baséase na obra "A taberna de Clitia", de Manuel Lourenzo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/03/2026

Inscricións:

Este espectáculo ten unhas características moi especiais cara á inclusión no ámbito cultural, que non só é un dereito, senón tamén un paso fundamental cara a unha sociedade máis equitativa e diversa.

As medidas de accesibilidade no teatro, do mesmo xeito que no resto das artes vivas, teñen un papel fundamental ao garantir que as persoas con diferentes tipos de discapacidade -visual, auditiva, motriz ou cognitiva- poidan gozar plenamente dos espectáculos, é polo que neste espectáculo se implementan as seguintes medidas de accesibilidade:

1.- LSE durante todo o espectáculo.

2.- Visita táctil para persoas invidentes, unha hora antes da función. Acceso libre.

3.- Audiodescrición: as persoas que a soliciten deben levar os seus propios auriculares.

4.- Programa de man en braille: dispoñible no despacho de billetes para préstamo durante o espectáculo.

5.- Programa de lectura fácil

**Se necesita as medidas de accesibilidade 2 ou 3 deberá comunicalo identificandose través do correo forummetropolitano@coruna.gal antes do día 4 de marzo ás 15.00 horas.

En canto a "audiodescrición" temos 8 aparellos que se confirmarán por orde de petición a través do correo forummetropolitano@coruna.gal e en canto á visita táctil deberá acudirse unha hora antes do evento.

Horario:

20.30 h

Duración:

60 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9,00 €

Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas: 7,00 €

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar onde terá lugar o espectáculo.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
  • Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos nin bebidas na sala (excepto auga).
  • Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e a luz molestan o público e artistas.
  • O teatro ten reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.
  • Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Seguir as instrucións do persoal da sala.
  • Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.es

Nada se sabe constitúe unha proposta integradora e única no contexto teatral galego, tanto polo elenco, integrado por dúas actrices e dous actores con diversidade funcional, como polo tema, que aborda diversas versións da discapacidade no teatro clásico, e que se detén na adaptación moderna e sinxela que asina Manuel Lourenzo a partir de Filoctetes, unha das traxedias de Sófocles. Súmase igualmente a delicada selección musical, a mestura de linguaxes e a súa formulación como un reto á audiencia para cuestionarnos o que entendemos por discapacidade e por integración.

Autoría e adaptación: Manuel Lourenzo

Dirección: Ignacio García e Fran Rei

Elenco: Rubén Bargiela Sierpes, Corina Alfonso Mañá, Elvis GarcíaTorres e Alba Chao

Compañía: Centro Dramático Galego e Culturactiva

Duración: 60 minutos

Público: non recomendada para menores de 14 anos

Espectáculo en galego

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • ataquilla.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión