Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Cidade das Artes

Esta exposición conmemora o 175.º aniversario da Real Academia Galega de Belas Artes

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 20/02/2025 ata o 27/04/2025

Xa rematou

Horario:

De luns a domingo das 12.00 ás 14.00 h e das 18.00 ás 21.00 h

Enderezo:

Quiosco Alfonso. Xardíns de Méndez Núñez 3, Bj. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta

Organiza:

Real Academia Galega de Belas Artes en colaboración co Concello da Coruña

Contacto:

981 189 898

Documentos:

Catálogo A Cidade das Artes (6 MB)

Unha mostra integrada por máis de 150 pezas, entre materiais artísticos, históricos e documentos, obras de membros da Real Academia e estudosos/as das artes do país que contribúen, desta forma, a mostrar a traxectoria da RAGBA ao longo do tempo.

Ademais, a exposición tamén presta especial atención á visibilidade das obras e ao traballo das academias.

A mostra estará aberta no Quiosco Alfonso ata o 26 de abril. Ata ese momento, programaranse seis conferencias abertas ao público, de diferentes especialistas, que se realizarán no espazo baixo cuberta do Quiosco.

Realizaranse 4 visitas guiadas á exposición "A Cidade das Artes" con motivo do 175 aniversario da Real Academia Galega de Belas Artes. Durante a visita, de 1 hora de duración, aproximarémonos á relación entre a Academia e a cidade da Coruña, desde a súa fundación en 1849 ata a actualidade. Percorreremos as obras de moitos/as dos académicos e académicas que compuxeron as sete seccións nas que está composta a academia, con enfoques tan diferentes como pintura, fotografía, escultura, arquitectura e música.

As visitas serán realizadas polo documentalista da exposición Alberto Fontes Valcárcel, son gratuítas e realizaranse os seguintes venres ás 18.00 horas:

  • 14 de marzo

  • 28 de marzo

  • 11 de abril

  • 25 de abril

É necesario reservar a asistencia ás visitas no correo electrónico kioscoalfonso@coruna.gal (indicando que día se quere asistir e o nome de todas as persoas asistentes).

Documentos relacionados

  • Catalogo A cidade das Artes (6 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión