As autoliquidacións tributarias regúlanse no artigo 120 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. As autoliquidacións son declaracións nas que os obrigados tributarios, ademais de lle comunicar á Administración os datos necesarios para a liquidación do tributo e outros de contido informativo, realizan por si mesmos as operacións de cualificación e cuantificación necesarias para determinar e ingresar o importe da débeda tributaria ou, se é o caso, determinar a cantidade que resulte a devolver ou a compensar.
Persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que a normativa tributaria municipal impón o cumprimento da obriga.
Rúa Franja 20. La Coruña
As autoliquidacións de taxas e impostos municipais, de maneira presencial, realízanse nas oficinas da Franxa, na Unidade de Rexistro e Información ao contribuínte.
Para poder realizar as autoliquidacións a través da web debe ter á man os datos do obrigado e do obxecto tributario. Pode realizar unha autoliquidación a nome de terceiros, aínda que lembre que debe contar coa súa autorización expresa.
As autoliquidacións telemáticas de tributos realízanse a través da Oficina Virtual do Contribuínte - OVC. A OVC é a sede electrónica tributaria que, entre os seus servizos, ofrece a posibilidade de autoliquidar as taxas e impostos que teñan establecido este réxime, xerando as correspondentes cartas de pagamento. Os tributos que se poden autoliquidar, neste momento, na OVC son:
- Plusvalía (Imposto sobre Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana)
- Imposto de Vehículos (IVTM). Alta no imposto para a súa matriculación
- Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO)
- Taxa da Tarxeta Millennium
- Taxa por dereitos de exame
- Taxa por repartición de publicidade en vía pública
- Taxa pola tenza de animais potencialmente perigosos
- Taxa por licenzas de servizo de transporte
- Taxa por circulación con vehículo por rúa peonil
- Taxa por tramitación de certificacións e copias (informes, atestados, expedición de certificados do PIC)
- Taxa de cemiterios (apertura de sepulturas, incineracións,..)
- Taxa por mudanzas e descargas
- Taxa por vao permanente/laboral/nocturno
- Taxa por ocupación con mercadorías, valos, estadas
Se necesita coñecer a categoría fiscal da rúa, consulte o tramero fiscal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Oficina Virtual do Contribuínte:
a) As persoas xurídicas
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.)
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
No
Pode realizar o pagamento da autoliquidación:
a. De forma presencial, en calquera das entidades colaboradoras: ABANCA, BANCO SANTANDER, BANCO SABADELL, CAIXABANK, BANCO PASTOR e BBVA.
b. Por Internet, sen certificado dixital: poderase pagar con tarxetas de calquera entidade bancaria, a través da Oficina Virtual do Contribuínte.
Outros trámites