BASES DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS MUNICIPAIS PARA O PAGO DE COMEDORES ESCOLARES NO CURSO ESCOLAR 2022/2023.
- - De conformidade coas competencias que atribúe aos concellos a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime Local, así como a Lei 13/2008, de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia, é obxecto desta convocatoria regular a concesión de axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar ao alumnado empadroado no Concello da Coruña que acuda de maneira presencial ao mesmo.
- - Esta convocatoria comprenderá o período lectivo do curso escolar 2022/2023, así como os períodos non lectivos de nadal 2022 e verán do 2023.
- - Para o goce das bolsas de comedor escolar será necesario en todo caso que a persoa beneficiaria teña asignada unha das prazas dispoñibles para a prestación deste servizo nun centro escolar do termo municipal.
- - Esta bolsa é incompatible con calquera outra axuda de institucións públicas ou privadas para a mesma finalidade salvo coa concedida polo Ministerio de Educación para os menores con necesidades educativas especiais.