Dicía o meu avó Manuel: "Vale máis o que o sol deixa que o que a auga cría"
Para público en xeral
12/04/2023
Xa rematou
- Hora: 20.30 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entradas en venda anticipada (ata ás 23.59 h do día anterior): 5,00 €
Entradas o día do espectáculo: 7,00 €
(Carné Xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas: 6,00 € - imprescindible presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao auditorio)
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
IMCE
forummetropolitano@coruna.gal
El era labrador e sabía por experiencia do que falaba, porque se a experiencia contradicía o dito, o dito non resistiría o tempo. Ademais, a calor, en sentido figurado, tómase como imaxe cultural para entender o temperamento, o amor, e por ausencia a morte, e de volta a febre, a suor, a emigración á cidade, o móbil no peto, o recollemento na sesta, o baño, o letargo, e de novo a primavera. E por aí empezaremos, pola calor dunha vaca, do sol, do lume, dunha mazá asada con azucre, pola masa no forno quente, e sacar o pan, todas esas cousas que tantas veces nos contaron.
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades
Actividades relacionadas