Don Carnal - (Contos desvergonzados)
Para público en xeral
15/04/2023
Xa rematou
- Hora: 20.30 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entradas en venda anticipada (ata ás 23.59 h do día anterior): 5,00 €
Entradas o día do espectáculo: 7,00 €
(Carné Xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas: 6,00 € - imprescindible presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao auditorio)
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
IMCE
forummetropolitano@coruna.gal
Botaba en falta Caxoto unha función de contos máis irreverente para público adulto; lonxe de fogares, colos de avoa e contos de bruxas. Un espazo para non andarse coas correccións políticas, para aqueles contos que quedan relegados ás últimas horas da noite e ás compañías pouco recomendables... os contos de Don Carnal. Neste espectáculo deixámonos posuír polo espírito cabareteiro dos anteriores tolos anos 20 para librarnos, aínda que só sexa por un momento, das ataduras e padecementos do noso día a día. Coma un demo sobre os nosos ombreiros, Caxoto levaranos da man co seu contar cara a outros tempos onde se conxugaban mellor conceptos como luxuria, blasfemia, esmorga... unha viaxe da que non quereremos volver!
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades
Actividades relacionadas