Falando a boca chea é un festival de narración oral con narradores e narradoras galegos/as que comparten os seus relatos variados con espectáculos dirixidos a diferentes tipos de público, que se realiza no Fórum Metropolitano, do 11 ao 15 de abril de 2023.
Todos os públicos
Para público en xeral
Dende o 11/04/2023 ata o 15/04/2023
Xa rematou
Prezo das entradas do auditorio:
- Venda anticipada (ata ás 23.59 h do día anterior): 5,00 €
- Venda no despacho de billetes do Fórum (dende unha hora antes): 7,00 € e 6,00 € para +65 anos, persoas desempregadas e Carné Xove.
Venda de entradas anticipada a través da web https://ataquilla.com; no despacho central de billetes da praza de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
E no despacho de billetes do Fórum, unha hora antes de cada función (se quedan entradas dispoñibles).
Os espectáculos gratuítos na Biblioteca Infantil, serán con inscrición previa a través da páxina web www.coruna.gal/bibliotecas
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
Biblioteca Infantil (sesión para nenas e nenos de 2-4 anos), ás 18.00 h
Os contos son coma bolboretas, ou mellor, coma avionciños de papel... Hai avións de papel grandes e contos moi longos, hai avións de papel vermellos e contos que falan do amor, hai avións de papel azuis e contos que falan dos soños, hai avións de papel verdes e contos que falan da esperanza...
E todos eses avións-contos van voando cara ao seu país, O País dos contos.
Dende o ano 2004 Sole Felloza escribe unha bitácora de vida na rede.
Contos, andanzas, receitas, poesía, lendas e fotografía.
Unha ollada ao mundo que naceu no recordo daquela caixa que na súa casa facía as veces de costureiro, pero tamén nas tardes de choiva foi barco, avión, pasaporte ao mundo dos soños.
Abrir a caixa é contar.
Entrada: gratuíta, logo da previa inscrición na web das Bibliotecas Municipais www.coruna.gal/bibliotecas
--------------------------------------------------------------------
Vestíbulo do Fórum Metropolitano, ás 19.00 h, para todos os públicos
Un espectáculo para compartir coas máis pequenas e coa familia. Pakolas tamén incluirá nesta montaxe algún dos seus éxitos anteriores, dos máis aclamados polo público, dos libros de "Pakolas" de 2018, e "Ramona Órbita, a dona do tempo" de 2020.
Onde se atopan as historias máis interesantes, os personaxes máis curiosos, os feitos máis incribles? Ás veces, para coñecer relatos sorprendentes non hai máis que contar coas amizades... Sesión de narración oral na que se presentan historias que van do inaudito ao incrible.
Nos últimos anos andamos recollendo historias de vida e ás veces entre bica, viño e café sendo todas mulleres rematamos por falar do importante: do vicio.
Espectáculo inspirado no libro de Vanina Starkoff de Editorial kalandraka. O libro é unha viaxe poética e visual para chegar a bailar coas nubes. No espectáculo cóntase a historia (creación libre) de cada unha das casas, das persoas que fan posible o soño da nena. Porque a historia de cada un de nós é unha tea feita dos fios da memoria de todas e todos.
As narradoras e narradores bebemos das fontes das persoas recompiladoras e, á vez, recompilamos historias, practicamos unha arte escénica, que está preto do teatro. Somos un punto nun universo amplo moi correlacionado. O Colectivo Cédoche a Palabra queremos que, como mínimo unha vez ao ano, este universo xire ao unísono e escoitemos historias, as nosas propias historias.
Entrada libre ata completar a capacidade
--------------------------------------------------------------------
Auditorio do Fórum Metropolitano, ás 20.30 h
Entradas: 5,00 € (venda anticipada ata o día anterior á función ás 23.59 h)
O mesmo día da función: 7,00 € e 6,00 € con Carné Xove, +65 anos ou persoas desempregadas.
--------------------------------------------------------------------
Actividades relacionadas