A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias naceu o 13 de xullo de 1993 co fin de apoiar decididamente as actividades desenvolvidas pola Casa das Ciencias, e colaborar con ela para potenciar todas as formas de divulgación, popularización e educación científica.
Na actualidade, a Asociación de Amigos está aberta a todas as persoas, institucións, empresas e organizacións interesadas na divulgación da ciencia e na promoción dos Museos Científicos Coruñeses (Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae) e o Muncyt (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía).
Vantaxes de ser socio/a
- Entrada gratuíta á Casa das Ciencias, a Domus, o Aquarium Finisterrae e o Muncyt.
- Tamén son gratuítas as sesións de Planetario na Casa das Ciencias. As sesións de Cinema 3D na Domus teñen unha cota especial de 1€.
- Sesións de planetario "á medida" para socios colectivos: persoal de empresas e profesorado e alumnado de centros de ensino.
- Participación en todas as actividades organizadas pola asociación.
Categorías de socios
- Numerarios. Persoas físicas maiores de idade. Cota anual de 40 euros. Entregaráselles un carné que será renovado anualmente.
- Colectivos. Persoas xurídicas. Existen dous tipos de cotas: 75 euros se son centros de ensino e 150 euros, como mínimo, para outras institucións, organismos ou empresas. Entregaráselles un diploma acreditativo.
- Estudantado. Persoas físicas. Estudantado, de 18 a 25 anos, sen emprego. Cota anual de 8 euros. Entregaráselles un carné que será renovado anualmente.
- Familiares. Persoas físicas. A cota do titular é de 40 euros; a cota do cónxuxe ou parella é de 15 euros; a cota de cada fillo menor de 18 anos, 4 euros. Cada un dos membros terá o seu carné individual renovable anualmente.