Instalación museográfica para promover iniciativas en recordo de Santiago Casares Quiroga e o republicanismo coruñés e galego.
Entrada gratuíta
Esta Casa Museo foi o fogar familiar de Santiago Casares Quiroga, político republicano, avogado e ministro da Mariña, Gobernación e Guerra, que chegou a ser presidente do Goberno da II República.
Tamén foi o lugar onde naceu a súa filla María Casares en 1922, brillante actriz de teatro e cinema que triunfou como exiliada en Francia. Esta artista, expresiva, intelixente, conversadora, atractiva e dunha gran mestría interpretativa recibiu en Francia os premios Moliére e Nacional de Teatro.
A casa, inaugurada o 14 de abril de 2007, dispón de tres exposicións permanentes: María Casares e Casares Quiroga, a II República e familia de Casares Quiroga.
Este museo pretende recrear o que foi o fogar (comedor, cociña, biblioteca, cuarto de baño...) e tamén intenta explicar a historia do republicanismo coruñés e da familia Casares mediante pezas orixinais e reproducións fotográficas e documentais.
Documentos relacionados