Proxeccións.
Investigacións.
Intercambios con asociacións.
Escavacións.
Organizan cursos e conferencias.
Inverno (setembro a xuño):
Martes a sábado de 10.00 a 19.30 h. Domingos e festivos de 10.00 a 14.30 h (desde media hora antes do peche non se permite o acceso).
Pecha o 1 de xaneiro, luns e martes de Entroido e o 24, 25 e 31 de decembro
Verán (xullo e agosto):
Martes a sábado de 10.00 a 21.00 h. Domingo e festivos de 10.00 a 15.00 h (desde media hora antes do peche non se permite o acceso).
Entrada xeral: 2 €
*Entrada reducida: 1 €
*Consultar as condicións da tarifa reducida e dos bonos dispoñibles na web.
O museo aséntase nunha antiga fortaleza construída no século XVI. Dos séculos XVI ao XVIII foi un edificio defensivo e prisión, máis tarde foi utilizado como lazareto para illar os mariñeiros que chegaban á cidade afectados dalgunha enfermidade infecciosa. O museo como tal inaugurouse en 1968. Considérase Monumento histórico-artístico dende 1949 e dende 1994 Ben de Interese Cultural.
O museo alberga obxectos de arqueoloxía como: ourivaría protohistórica, megalitismo, Idade de Bronce, cultura castrexa, romanización e distintos aspectos da cidade. Parte destes obxectos proceden do Castro de Elviña .