Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Parque urbano situado na zona norte do municipio. Esténdese pola beira do mar, comunicándose co resto da cidade a través dun circuíto peonil. La Torre de Hércules, o único faro romano e o máis antigo en funcionamento do mundo, é unha das imaxes máis emblemáticas da Coruña, o cal converte a este parque nun dos máis visitados da cidade. Ademais, esta é unha área de especial importancia ecolóxica debido á presenza do ecosistema costeiro con importante presenza de avifauna.
É un parque con xardíns situados no extremo norte da península da Coruña, nas inmediacións da Torre de Hércules.
Anteriormente estaban emprazadas as instalacións dunha polvoreira militar, da que aínda quedan as galerías subterráneas, na actualidade enterradas.
Os xardíns divídense en tres espazos: o Xardín do Mouro, o Miradoiro do Horto e o Recuncho do Vento.
Os xardíns dispoñen de camiños de madeira, bancos, tumbonas, casetas para resgardarse do vento e da choiva e dunha replica da Torre de Hércules a nivel de chan co aspecto que tiña en 1770.
Casa da palabra:
Construída sobre o antigo Cemiterio Mouro, a Casa da Palabra alberga no seu interior unha acequia, unha fonte e catro zonas axardinadas. Nas paredes instaláronse placas con azulexos sobre os que se inscriben textos antigos onde se menciona o nome da cidade, por exemplo uns versos de Alfonso X, así como varias palabras de orixe árabe.