Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Desde a súa constitución en 2003, a Fundación María José Jove desenvolve a súa actividade no ámbito da infancia e a discapacidade a través de catro grandes áreas de traballo: Educación e Formación, Saúde, Lecer, Tempo Libre Responsable e Promoción Cultural.
Talleres de pintura, cociña, inglés, gravado, e ciencia para nenos.
Visitas guiadas previa cita concertada.
Horario:
Inverno:
Luns a xoves de 09:00 h. a 18:00 h. e de 16:00 h. Venres de 09:00 a 14:30 h.
Verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro):
Luns a xoves de 08:30 h. a 15:00 h. Venres de 09:00 a 15:00 h.
A sede consta de tres andares:
Na planta baixa atópase o salón de actos con capacidade para 160 persoas, unha zona de aulas e espazos multiusos para impartir cursos.
O primeiro andar alberga a área de administración e oficinas.
No segundo piso ten sede a sala de exposicións onde se atopa a colección privada de Manuel Jove e a exposición permanente sobre pintura de arte galega e nacional do século XX.
Sala permanente de arte accesible, na súa primeira fase estará formada polas obras de 4 artistas do século XX (Darío Regoyos, Salvador Dalí, Ramón Casas e Carlos Alcolea). As súas obras, pertencentes á colección da Fundación, reproducíronse cunha nova técnica que confire tridimensionalidadse ás pinturas, permitindo que os cadros poidan ser explorados mediante o tacto, descubrindo as texturas e volumes das imaxes pintadas. A experiencia complétase escoitando simultaneamente a locución dunha audioguía, que vai dirixindo e explicando o percorrido táctil de cada obra.