Concello da Coruña

Concello da Coruña

Fundación Marta Ortega Pérez (MOP Foundation)

A Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) é unha entidade privada sen ánimo de lucro cuxa actividade consiste na celebración de exposicións de primeiro nivel e está estruturada sobre tres alicerces: a moda, a fotografía e A Coruña.

    Exterior da exposición sobre Helmut Newton. © Profirst - Justin Paquay

    Enderezo:

    Peirao de Batería 13A. 15006 A Coruña

    Páxina web:

    https://themopfoundation.org/es

    Servizos:

    Exposicións.

    Para o Centro MOP recuperáronse uns antigos silos e unha nave industrial para transformándoos nun espazo cultural accesible á cidade, sendo a relación desta co mar a gran protagonista.

    O centro MOP da fundación está situado na zona portuaria da Coruña e foi deseñado pola arquitecta coruñesa Elsa Urquijo.

    A actividade da Fundación MOP xira ao redor da programación de exposicións de primeiro nivel e está estruturada sobre tres alicerces: a moda, a fotografía e A Coruña. Helmut Newton - Fact & Fiction segue o ronsel das mostras dedicadas a Peter Lindbergh (2021) e Steven Meisel (2022).

    Así, o público poderá gozar e experimentar en primeira persoa a arte de Helmut Newton quen, ao longo de seis décadas de carreira, chegou a ser considerado un dos fotógrafos máis importantes do mundo.

    A selección de fotografías que conforma a exposición inclúe as súas icónicas "grandes espidos" e os inesquecibles retratos de personaxes excepcionais como Andy Warhol, David Bowie, Margaret Thatcher, Charlotte Rampling, Elsa Peretti, Daryl Hannah, Jerry Hall, Naomi Campbell, Yves Saint Laurent e Karl Lagerfeld.

    Como contrapunto ás súas imaxes máis emblemáticas, a exposición inclúe exemplos de paisaxes "menos coñecidas" e descubre a faceta persoal do artista a través dunha serie de vídeos e imaxes persoais e outros documentos como carteis, cámaras e equipos, accesorios, obxectos curiosos e recordos.

    Helmut Newton: Fact&Fiction pode visitarse no Peirao de Batería coruñés ata o 1 de maio.

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Iniciar sesión