Crearon un espazo en que as antigüidades se integran cos criterios estéticos e decorativos máis actuais, sempre conservando a esencia e exclusividade dos obxectos. Para iso fan exposicións regularmente de pintura, monográficas, artes decorativas, xoias, etc.
A oferta de pezas é ampla pero céntrase en Pintura Galega, Cerámica da Real Fábrica de Sargadelos, Porcelanas francesas e centroeuropeas, lámpadas, xoias, mobles e artes decorativas dos séculos XVIII e XIX.