Concello da Coruña

Concello da Coruña

Museo de Belas Artes

O Museo de Belas Artes é un dos espazos culturais máis destacados de Galicia. A súa actual sede, construída sobre as ruínas dun antigo convento do século XVIII, é o resultado dun proxecto deseñado polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto, inaugurado en 1995 e gañador do Premio Nacional de Arquitectura en 1997.

Enderezo:

Rúa Zalaeta 2. 15002 A Coruña

Teléfono:

+ (34) 881 881 700

Fax:

+ (34) 881 881 701

Páxina web:

http://museobelasartescoruna.xunta.es

Horario:

Martes a venres de 10.00 h a 20.00 h. Sábado de 10.00 h a 14.00 h e 16.30 h a 20.00 h. Domingo de 10.00 h a 14.00 h.

Apertura ao público con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos:

16 de maio de 2015: 10.00 h a 14.00 h e de 16.30 h a 00.00 h.

Prezo / Custo:

Entrada xeral: gratuíta temporalmente (2,40 € tarifa habitual)

Entrada reducida: gratuíta temporalmente (1,40 € tarifa habitual)

O Museo de Belas Artes da Coruña nace en 1922 por iniciativa dun grupo de intelectuais, artistas e amantes da arte da cidade da Coruña. Abre as súas portas o 23 de setembro de 1947 e comeza a misión de conservar, expoñer e divulgar o noso patrimonio cultural.

A súa visita ofrece un percorrido expositivo desde o século XVI ao século XX, no que as e os creadores galegos tamén teñen especial protagonismo. Dende o Renacemento e Barroco español e europeo, ao Rococó e Realismo pasando polo Costumismo. Dende pinturas e esculturas a debuxos e artes decorativas. Obras de Rubens, Sorolla, Luis Seoane, gravados de Goya ou a colección de cerámica de Sargadelos son só algunhas das pezas que poderás contemplar nas súas instalacións.

Na actualidade, acolle actividades deseñadas para diferentes públicos como talleres, conferencias, concertos e exposicións temporais.

Multimedia

  • Visita virtual ao Museo de Belas Artes

  • Belas Artes

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión