Concello da Coruña

Concello da Coruña

Palacio de Exposicións e Congresos - Palexco

Enderezo:

Avda. Porto da Coruña 1. 15003 A Coruña

Teléfono:

+(34) 981 228 888

Fax:

+(34) 981 229 950

Páxina web:

https://www.palexco.com

Servizos:

Salas modulares.

Auditorios.

Terraza.

Salgas VIP.

Equipo técnico.

Hostalería.

Múltiples espazos.

Salas para 1.500 persoas.

Palexco álzase a beiras do mar, no corazón da Coruña, rodeado das emblemáticas galerías, a mariña deportiva, o peirao de transatlánticos, o centro histórico...e a un paso dos mellores hoteis, tendas e restaurantes da cidade.

PALEXCO álzase sobre o Peirao de Transatlánticos do porto coruñés, xunto ás mariñas deportivas.

Está estratexicamente situado no centro da cidade, a escasos minutos camiñando do núcleo comercial, hostaleiro, cultural e de lecer da Coruña.

Cabe engadir a súa proximidade ás principais infraestruturas de comunicación da cidade: aeroporto e estacións de tren e autobús.

Palexco é un Palacio con posibilidades infinitas, moderno, accesible, versátil, polivalente, idóneo para a organización e desenvolvemento dos principais Congresos da cidade.

Cunha ampla experiencia neste sector, Palexco converteuse nun referente, debido á súa capacidade de acoller congresos de formato pequeno a grandes congresos internacionais.

Con 9.000 m2, xunto ao mar, rodeado dos principais hoteis da cidade e con dúas plantas de parking propio, ademais de interesantes acordos con outros partner do sector, ofrece a oferta integral para o desenvolvemento do congreso.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión