Concello da Coruña

Concello da Coruña

Parque de Bens

Máis de 60 hectáreas, unha superficie de lecer de 9.500 m2, un total de case 13 km de carreiros para percorrer, 2000 m2 de estanques con patos, 230 puntos de luz, abundante mobiliario urbano...un extraordinario espazo de ocio no que se conxugan a conservación e a recuperación da natureza coas actividades de lecer e aire libre propias dunha cidade moderna.

Enderezo:

Parque de Bens. 15011 A Coruña

Páxina web:

http://www.coruna.es/medioambiente

Servizos:

Aparcadoiro.

Área de lecer con mesas e cadeiras.

Zona de xogos infantís, con xogos adaptados para nenos con discapacidade.

Horario:

Luns a domingo de 09.00 h a 22.00 h

Este parque, nace froito da solidariedade e da defensa do medio ambiente. Supón a culminación dun proxecto común de toda a cidade, xa que nos permite pechar unha das páxinas máis difíciles que nos tocou vivir na historia da cidade: o derrubamento do vertedoiro do mesmo nome.

No Parque de Bens os veciños da Coruña e os seus visitantes poden pasear e descubrir novas vistas sobre a cidade, o golfo Ártabro ou o mar aberto, vistas perdidas desde facía anos. Desta maneira tamén se recuperou a mirada.

O 5 de xuño de 2001, menos de cinco anos despois do derrubamento do antigo vertedoiro, e coincidindo co Día Munidal do Medio Ambiente, inaugurábase o espazo.

Pero o Parque de Bens é moito máis: moito máis que amplas zonas verdes, carreiros e lagoas. É, sobre todo, unha nova forma de pensar a Terra, o noso planeta, feita realidade. O Parque de Bens é recuperación e conservación de valores naturais, históricos, paisaxísticos e arquitectónicos.Todo iso integrado no desenvolvemento das nosas capacidades como cidadáns e como cidade.

O Parque de Bens é harmonía. Entre cada un de nós e a natureza.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión