Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Piscina municipal de Riazor

Vista interior xeral da Piscina Municipal de Riazor

Enderezo:

Rúa Manuel Murguía s/n. 15011 A Coruña

Teléfono:

981 189 800

Fax:

981 189 803 (Servizo Municipal de Deportes)

981 189 801 (Oficina Cidade Deportiva de Riazor)

Páxina web:

www.coruna.gal/deportes

Servizos:

- Escolas deportivas municipais de ensino de natación e de mantemento (Nat. 6-8 anos, Nat. 9-11, Nat. 12-17, Nat. +18, Nat. +60, Nat. +18 intenso, Nat. +60 intenso, Nat. Escolar), Recuperación funcional, Natación adaptada, Natación prenatal e Nado libre.

- Adestramento de academias, clubs e competicións deportivas

- Sauna e baño turco para persoas usuarias de Nado libre

- Vestiarios adaptados, ascensor para o acceso á praia da piscina e guindastre para o acceso ao vaso, para persoas con problemas de mobilidade

- Bancada con capacidade para 288 persoas

Horario:

HORARIOS DE USO LIBRE

  • Horarios de uso libre durante o curso escolar - Mañás
Luns a venres 07:45 a 9:00 horas
Luns a venres 14:00 a 16:00 horas
Sábados 09:30 a 14:00 horas
  • Horarios de uso libre durante o curso escolar - Tardes
Luns a venres 21:30 a 22:30 horas
  • Verán:
    • xullo e setembro: das 8.00 ás 12.30 h e das 13.15 ás 22.00 h
    • agosto: pechado

Prezo / Custo:

Normas para as persoas usuarias da piscina

  • Para acceder á piscina é requisito imprescindible presentar o talón de pagamento, entrada ou do documento ou tarxeta que habilite o Concello para ese efecto, e do Documento Nacional de Identidade (ou documento que o substitúa).
  • Non se permite a entrada libre a menores de 14 anos que non vaian acompañados/as por unha persoa maior de idade, que será a responsable dos/as menores durante a súa permanencia na piscina. A dita persoa adulta deberase identificar ante o/a socorrista.
  • Resérvase o dereito de admisión e o límite de persoas usuarias por estaxe ou carreiro, segundo a lexislación vixente.
  • Prohíbese a entrada na zona de praia con roupa ou calzado non adecuado, así como beber, beber e introducir obxectos de cristal.
  • Por razóns de seguridade queda prohibido lanzarse á auga polos laterais do vaso, correr pola zona de praia e sentar nas liñas de separación, así como o uso de pendentes, cadeas, aneis e outros obxectos que leven risco.
  • O emprego de colchóns, flotadores, aletas ou calquera outro elemento que poida orixinar risco para as demais persoas usuarias, deberá ser regulado polo persoal socorrista.
  • As persoas que non saiban nadar ou padezan algunha enfermidade que implique risco, deberán advertírllelo previamente aos/ás socorristas.
  • Co obxecto de facilitar un maior aproveitamento da instalación deberán seguir as instrucións do persoal socorrista.
  • Por motivos de hixiene, é obrigatorio ducharse previamente á entrada no vaso, así como utilizar o gorro de baño e as chanclas. Recoméndase o uso de lentes de natación.
  • Por motivos de hixiene, está prohibido soarse, cuspir e ouriñar na auga, así como acudir ao vaso con maquillaxe, cremas, apósitos de calquera tipo ou feridas abertas.
  • Respectarase en todo momento o uso do carreiro ou estaxe asignada a cada actividade.

Normativa da piscina:

Solicitude de uso das instalacións deportivas municipais:

Realizarase nas oficinas de rexistro da Cidade Deportiva de Riazor, Cidade Deportiva da Torre ou Polideportivo do Barrio das Flores, aboando a taxa correspondente. O seu aboamento poderase efectuar tanto en efectivo como mediante tarxetas.

Tarifas (2025):

Para retirar entradas, bonos etc. é necesario presentar o DNI e pódense adquirir nas caixas dos rexistro de Deportes.

  • 13.1 Cota de entrada pública, por persoa e hora de uso: 3,52 €
  • 13.2 Abono para unha persoa física de 20 usos dunha hora en horario público: 22,99 €
  • 13.3 Uso exclusivo de carreiro/estaxe por hora: 22,07 €
  • 13.4 Uso exclusivo da piscina por hora: 105,88 €
  • 13.5 Actividades físicas que requiran o uso das seis estaxes/carreiros por un período non superior a catro horas: 150,01 €

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en