Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Sala de Exposicións Plataforma14

Imaxe de Plataforma 14 coa exposición actual

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Teléfono:

+(34) 981184294

Fax:

+(34) 981184295

Páxina web:

www.coruna.es/cmix/plataforma14

Horario:

De luns a sábado de 9.00 a 14:00 e de 17:00 a 21.00.

Situada dentro do Fórum Metropolitano

O Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña, co obxectivo de potenciar e visibilizar o traballo dos mozos creadores da nosa cidade, así como de facilitar a difusión dos seus traballos artísticos e o coñecemento destes por parte da cidadanía, puxo en marcha a sala de exposicións Plataforma14 no edificio do Fórum Metropolitano.

A sala está dotada de iluminación, sistemas de suxeición e soportes adecuados para a exposición de artes plásticas e/ou arte multimedia, e conta con acceso a Internet a través de rede Wifi.

As obras expostas pertencerán, en sentido amplo,ás incluídas no campo das artes visuais (debuxo, escultura, instalacións artísticas, fotografía, ilustracións, perfomance, pintura, videoarte etc), sempre que poidan axustarse ao espazo expositivo e o seu equipamento.

As condicións de cesión da sala pódense consultar na seguinte web: www.coruna.es/cmix/plataforma14

plataforma 14 sala de exposicións do forum metropolitano

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en