As estrelas da noite coruñesa
Cócteis de autor, salas de concertos e ambiente cosmopolita. Cando cae a noite, A Coruña énchese de vida. Estas son as rutas e locais que brillan na noite coruñesa.
Moi preto da praza de María Pita, na céntrica esquina de Rego de Auga coa rúa Fama, Andrés move a cocteleira a un ritmo frenético. Leva anos experimentando con mesturas e a barra da súa coctelaría parece un laboratorio. É un dos barman que se poden atopar na Coruña e o seu Clover Club, que leva o nome da famosa mestura de xenebra con xarope de fresa, limón e clara de ovo, un dos locais que dan vida á noite coruñesa. Porque na cidade o ritmo non para: cando cae a noite os locais máis cosmopolitas acenden as súas luces para ofrecer, a veciños e visitantes, a mellor oferta nocturna.
Do mesmo xeito que en grandes cidades como Nova York ou Londres, as coctelerías collen impulso na Coruña. É posible trasladarse ao mítico club neoyorkino dos anos 20 en The Cotton Club, na rúa Comandante Fontanes, a un paso das praias de Riazor e Orzán. Aquí os combinados convértense en auténticas obras de arte que xogan coas luces, as cores e os aromas. Unha das paradas máis clásicas na vida nocturna coruñesa é Astoria club, na rúa Olmos, na que se pode gozar de elegantes cócteles ao máis puro estilo "Sexo en Nova York". Para os que busquen eses lugares pequenos, escondidos, case como un segredo, hai unha parada para anotar na ruta das coctelarías: Bordello, un local case clandestino á beira da praza de María Pita, no número 2 da rúa Varela Silvari, no que te podes trasladar a outra época a través dos seus combinados.
Hai máis locais cun ambiente fresco e desenfadado nos que gozar dun bo cóctel. É o caso do Ático de Miss Maruja, no número 3 da rúa Argudín Bolívar, un patio con mesas e cadeiras vintage no que gozar dunha agradable terraza. Ou tamén as propostas de The Cruel Coktail Bar e Imfame Craf Bar, dúas propostas na contorna de rúa Franxa cunha carta orixinal e divertida. E outro local para apuntar na axenda: Casto Bar, un local na rúa Barreira cunha decoración nórdica e industrial, e unha carta de cócteles.
Boa música e bo ambiente
A noite da Coruña ten música para todos os gustos. Desde salas de concertos, como a míticos Praia Club, aos pés da praia de Riazor, ou a Sala Garufa Club, a salas como Pelícano, cunha completa programación de concertos e sesións dj.
Para un ambiente máis alternativo podemos empezar a noite na contorna das prazas da Cormelana e Josep Sellier. Alí espera La Urbana, que se converteu na parada favorita dos amantes do mundo da moda. Moi preto pódese gozar do ambiente surfero en Twin Fin, un lugar que lembra ao ambiente doutras localidades amantes do surf como a francesa Biarritz.
Outra zona imprescindible na vida nocturna coruñesa agarda na Mariña. Con vistas ao mar, nos soportais dos edificios coas galerías de cristal esperan algúns dos locais máis animados os fins de semana. E para os máis novos, os Cantóns Village, en pleno porto coruñés, ten a maior oferta de música e ambientes da cidade.