
A Ruta N-VI é unha magnífica oportunidade para viaxar por estrada ata A Coruña por unha vía histórica que sae do km. 0 en Madrid e que chega ata a cidade herculina tras 600 quilómetros de viaxe.
Un "road trip" onde poderás parar e descubrir museos sorprendentes como o da Enerxía en Ponferrada ou o de Automoción e Historia en Arteixo, o maior do país por vehículos expostos. Tamén terás oportunidade de visitar unha boa lista de castelos cheos de historia como o de Arévalo (Ávila) ou o Templario en Ponferrada; adegas únicas mentres pasas por Rueda ou paisaxes extraordinarias como As Lagoas de Villafáfila, os Ancares. Ademais, realizar esta ruta permitirache probar a gastronomía típica de Madrid, Castela e León ou Galicia, un itinerario culinario que has de facer como unha seda xa sexa en coche, moto, autocaravana/cámper ou bicicleta e ao ritmo que marques.
O trazado da N-VI contemporánea nace no século I como parte do percorrido das Vías XIX e XX, as calzadas romanas que unían o centro da península Ibérica con Brigantium, converténdose así no século XVIII en Camiño Real baixo o reinado de Carlos III.
En 1939, o Plan Pena puxo nome ás seis estradas radiais que parten do km.0 na Porta do Sol, e precisamente a que comunicaba Madrid coa Coruña denominouse N-VI (nacional sexta). En 2002 a autovía A-6 completou o seu último tramo, polo que a vella estrada N-VI quedou nun segundo plano. Hoxe ata é posible ver actualizada a súa denominación por N-6.
A Ruta N-VI revitaliza todos os municipios que forman parte dunha España baleirada e que de novo teñen unha oportunidade mirando ao futuro baixo este prisma turístico. Se queres vivir unha aventura apaixonante e cun valor engadido, non dubides en emprender unha viaxe espectacular cun destino mítico e milenario como a Torre de Hércules, Patrimonio Mundial desde 2009

Consegue o pasaporte oficial, o cal poderás ir selando ao longo de toda a Ruta N-VI. Hai gran cantidade de puntos de selado, situándose o último deles no CIAV (Centro de Información A Visitantes) aos pés da Torre de Hércules.
Se consegues 15 ou máis selos recibirás un diploma que che acredita como rutero. Ten en conta que ao obter e activar o pasaporte conseguirás non só un documento cos puntos de selado senón tamén outra completísima guía con todo o traxecto e un mapa dixital cos puntos relevantes da ruta. Tamén poderás adquirir unha serie de prezos especiais en hoteis ademais dunha canle en clave roquera en Spotify .
