Encántanos que veñas, que nos visites e que sexas un máis durante as túas vacacións na Coruña. E porque quererás volver e encantarache atopar a cidade igual de bonita, animámoste a que a túa viaxe sexa respectuosa coa contorna, que entre todos e todas coidemos o planeta mesmo de vacacións.
Aí van algúns consellos:
1. Valora como chegar ata aquí: podes facelo en avión. Se é así, tes a opción de compensar a túa pegada de carbono https://www.ceroco2.org/calculadoras/
E que che parece en tren? É unha forma máxica de viaxar, pausada, que che permite gozar da paisaxe e ir baixando revolucións. Como chegar?
2. Para moverte pola cidade: poderás facelo camiñando sen problema, así non perderás nada. Ademais temos un Paseo Marítimo de case 14 km de longo. E se prefires bicicleta, é outra fantástica opción, con carril bici que percorre a cidade. Non contaminas e poñeraste en forma. E se estás preguizosa, opta polo transporte público. O coche mellor deixalo aparcado. Como chegar?
3. Recicla: sabemos que xa o fas na casa, así que non che custará nada seguir facéndoo durante as vacacións.
4. Non deixes restos na cidade nin na natureza: temos uns lugares incribles para gozar dun pícnic (nun banco fronte á Mariña, nunha das mesas do Parque Escultórico...) pero logo, por favor, que só queden as pegadas dos teus pés no chan. Natural e deportiva
5. Reduce o uso de plástico: aquí somos moi para comer coas mans, marisco, empanada, queixos...así que non o necesitarás.
6. Compra local: se tes opción, opta polos negocios locais. Produtos feitos con moito agarimo. Artesanía, deseño, materiais respectuosos e xente encantadora que che recibirán cun sorriso nas súas tendas. Moda, deseño e moito máis
7. Elixe comida de tempada: sabemos que unha das túas motivacións para visitarnos é poñer as botas comendo e que mellor que gozar dos produtos que están de tempada. Igualmente nos nosos restaurantes seleccionarán o mellor para ti. Despensa Km 0
8. Coida da contorna: quererás levar recordos, pero que sexan sobre todo sensacións. Tenta respectar a flora autóctona que nos fai únicos, as praias que visites... A natureza é marabillosa e fráxil, coidemos dela.
9. Empápate da nosa cultura: axudarasnos a preservala e de paso anímate a aprender algo da nosa lingua, o galego.
Por exemplo, proba con Bo día, grazas, bico ou ledicia (estado de felicidade durante as túas vacacións na Coruña) e morriña (que sentirás cando te vaias ao botarnos de menos).
10. Coida do noso litoral. A fauna e flora que arrodean a Torre de Hércules, o porto e as praias da Coruña ou as que se atopan nas Illas de San Simón son parte da nosa riqueza ambiental. A súa protección é moi importante, por iso deixámosche unhas guías dixitais e audioguías para que a coñezas mellor.
Descargas: /medioambiente/gl/divulgacion-e-educacion-ambiental/guias-dixitais-litorais?argIdioma=é