O 16 de xaneiro de 1809 librouse en Elviña, localidade próxima á Coruña, unha batalla da Guerra de Independencia Española dentro das Guerras Napoleónicas entre 14.000 soldados británicos e 20.000 soldados franceses.
Esta batalla, coñecida como a Batalla de Elviña, deixou uns 2.500 soldados mortos ou feridos. Nela, os británicos lograron manter baixo control ás forzas napoleónicas comandadas polo mariscal Soult, pero perderon en combate ao seu xeneral Sir John Moore, que é enterrado no Xardín de San Carlos , e homenaxeado na cidade.
Desde o porto da Coruña as tropas de Moore lograron o regreso ás súas terras coa Royal Navy, pero a batalla pasa á historia como unha das de maior relevancia da Guerra de Independencia.
Na ruta napoleónica da Coruña explícase con detalle todo o relativo a esta batalla bélica.
Podes descargarche aquí o folleto sobre Sir John Moore .