A Real Academia de Belas Artes conta cun Arquivo Musical e un Arquivo Fotográfico.
Os fins do Arquivo Musical son a recuperación, tratamento técnico e conservación da documentación musical creada ou relacionada con Galicia, para finalmente poñer a disposición do investigador ou de toda persoa interesada no estudo ou interpretación, a información musical galega contemporánea.
A Real Academia Galega de Belas Artes conta tamén cun Arquivo Fotográfico formado polo fondo de fotografías pertencentes á colección particular de D. Manuel Chamoso Lamas, que recolle fondos gráficos da historia do Patrimonio monumental e etnográfico de Galicia.