As súas funcións no ámbito audiovisual, como institución responsable desde a administración autonómica, son:
- A recuperación, catalogación, custodia e difusión das producións e obras do patrimonio audiovisual e fotográfico galego.
- A programación de proxeccións, exposicións, conferencias, publicacións, etc. co fin de proporcionar un maior coñecemento das artes da imaxe.
- A colaboración, cos obxectivos anteriores, en actuacións en Galicia e no exterior.
- A participación na promoción da produción audiovisual galega en mercados, mostras e festivais.
As súas instalacións, 1.200 metros cadrados, están localizadas na Casa da Cultura Salvador de Madariaga da cidade da Coruña.
http://www.cgai.org