Concello da Coruña

Concello da Coruña

Museos científicos e tecnolóxicos

Casa das Ciencias

A Casa das Ciencias é un museo interactivo. Poderás experimentar e aprender máis sobre ciencia, física e astronomía a través das exposicións, os módulos interactivos e o planetario. 

Casa do Home -Domus-

A Domus foi o primeiro museo interactivo do mundo dedicado integramente ao ser humano. O edificio, obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki, ten máis de 150 módulos interactivos para gozar e reflexionar sobre as características da especie humana, 

Casa dos Peixes -Aquarium-

O Aquarium Finisterrae, tamén coñecido como Casa dos Peixes, ten por obxectivo promover o coñecemento do océano e educar actitudes de cariño cara ao mar e a vida mariña. Foi creado polo Concello da Coruña o 5 de xuño de 1999. O Aquarium Finisterrae conta con catro salas de exposicións, cada unha con personalidade propia, e unha colección biolóxica composta por máis de trescentas especies diferentes.

Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. MUNCYT

O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de España (MUNCYT) é un museo de titularidade estatal. Mostra multitude de obxectos: instrumentos científicos, aparatos tecnolóxicos, vehículos de transporte, máquinas e ferramentas industriais. O Prisma de Cristal é a sede do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión