A Venerable Orde Terceira é unha capela contigua ao antigo convento de San Francisco, onde o emperador Carlos I celebrou as Cortes da Coruña no ano 1520.
Atención a fregueses: Luns a domingo de 10:00 h. a 13:00 h. e de 17:00 h. a 21:00 h.
Misas: Luns a sábado ás 20:00 h. Domingo e festivos ás 12:30 h. Cuarto domingo de cada mes ás 12:30 h. e 20:00 h.
Construído no ano 1743 sobre planos do arquitecto compostelán Simón Rodríguez, encostada á Igrexa de San Francisco. O único vestixio do convento na súa localización orixinal é a torre do campanario do século XVI (con elementos do XIII). Destacan no seu interior as esculturas de San Francisco recibindo o abrazo de Cristo, unha imaxe de Jesús de Nazareno e a obra de talla do corpo e pernas de San Luís, Rey de Francia.