Nin máis nin menos que vinte edicións avalan a traxectoria do Concurso de Tapas Picadillo, o máis antigo de Galicia, que busca coñecer cal é a mellor tapa creativa e tradicional.
O certame, que toma o seu nome de Manuel María Puga y Parga, máis coñecido como "Picadillo", alcalde da Coruña nos anos 1915 e 1917, e tamén un recoñecido escritor e gastrónomo, ofrece cada ano unha das citas gastronómicas máis agardadas, enchendo os bares de magníficas elaboracións creadas para a ocasión nas que se prioriza o produto galego.
Prepárate para as rutas de tapeo e para votar a túa tapa favorita. Ti tamén terás un papel protagonista. Poderás gañar fantásticos premios!