1 Polbo
Sae gorda
Aceite de oliva virxe extra
Pemento doce
Pemento picante
Para esta elaboración, utilizaremos un polbo galego duns 3 ou 4 quilos (son os mais saborosos debido á súa alimentación a base de crustáceos e mariscos). Comprarémolo fresco e conxelarémolo para romperlle as fibras e que non nos quede duro.
Cocerémolo durante 50 minutos en auga fervendo, "asustándoo" previamente unhas 3 veces como manda a tradición, introducíndoo na auga e sacándoo para que se retorzan os tentáculos.
Unha vez cocido, deixarémolo en repouso durante 20 minutos co lume apagado. Cortamos un tentáculo e o emplatamos, aderezándoo con sal gordo, aceite de oliva virxe extra, pemento doce, e pemento picante ao gusto.