Praia céntrica e concorrida con alta ocupación debido a que a súa contorna resgarda nas xornadas de brisa máis intensa. Vento frouxo e de ondada moi moderada. Apta para practicar o surf.
Recomendacións:
Antes de meterse na auga confirmar a profundidade que hai, non tirarse de cabeza en zonas pouco profundas.