Concello da Coruña

Concello da Coruña

Camiño sostible

Contorna urbana

Desde finais do século IX peregrinas e peregrinos de todo o mundo chegaron a Santiago de Compostela percorrendo algunha das rutas do Camiño de Santiago. Queremos seguir gozando dunha experiencia tan máxica, tan única. Para iso, agora máis que nunca, coidemos esta marabilla Patrimonio Mundial, promovendo hábitos sostibles entre as persoas peregrinas.

A Coruña será o punto de partida para que comeces O Camiño Inglés. Durante case 7 quilómetros percorrerás as rúas da cidade. Goza dos seus monumentos e xardíns e intenta non deixar desperdicios ao teu paso: utiliza as papeleiras, así como os colectores de reciclaxe á túa disposición. Ademais ao ir camiñando ou en bicicleta axúdasnos a que o aire da cidade se manteña máis limpo.

Contorna natural

Un dos encantos do Camiño Inglés é ese contraste entre a cidade e a natureza. As paraxes polas que transcorre o Camiño Inglés, os seus bosques, a flora e a fauna son un tesouro que entre todas e todos debemos preservar. Leva unha bolsiña contigo para depositar os teus residuos e intenta non deixar recordos, por exemplo pezas de roupa. O Camiño deixará unha pegada en ti, pero intenta non deixar rastro ao teu paso.

Xente

Pasarás por pequenas poboacións, cos seus habitantes xa habituados ao movemento dos romeiros e romeiras.

Recibiranvos con amabilidade e encantados de prestar axuda. Sexamos respectuosos co seu patrimonio, os seus costumes e a súa cultura.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión