Se non queres perder nada e coñecer a cidade dun xeito diferente, aquí che propoñemos opcións para sacarlle o máximo partido á túa estadía.
VISITAS GUIADAS
Coñece a cidade acompañado dunha persoa guía oficial. Explora as súas rúas e descubre máis sobre a historia da Coruña e as súas curiosidades:
EXCURSIÓNS EN BARCO
Porque A Coruña é Atlántico, qué mellor forma que coñecela dende o mar:
Rías Altas Dos: (+34) 620 926 958 (no verán)
MINIBÚS TURÍSTICO-NOROESTE A FONDO
Preciosa viaxe pola cidade de 2 horas: as galerías da Mariña, o Paseo Marítimo, a Torre de Hércules, o monte de San Pedro e as súas marabillosas vistas, o porto e as praias urbanas. (Faremos 2 paradas, 1 na Torre de Hércules e outra no monte de San Pedro).
Tamén podes facer unha escapada desde A Coruña a diferentes puntos de Galicia en pequenos grupos, de 5 a 12 pasaxeiros/as, sen masificacións e con condutor/a-guía oficial de Galicia.
Máis información: https://noroesteafondo.com/