Dúas exposicións para coidar a saúde nosa e a do planeta, e visita guiada pola nutricionista Fátima Branco Parra.
Para público en general
Desde el 02/05/2025 hasta el 15/05/2025
Ya ha finalizado
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Este evento, como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto. O programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"
agra@galizacultura.gal
Como continuación das exposicións da primeira quincena de febreiro "A pegada ecolóxica" e "10 motivos para andar en bici", combinamos agora dúas exposicións ("Debullando o prato de Harvard" e "Compra saudable e sostible") porque a alimentación é un dos principais contribuíntes á nosa pegada ecolóxica individual. Hai múltiples cuestións para ter en conta á hora de reducir o impacto da nosa dieta: consumo de produtos locais e de tempada, facerlle fronte ao desperdicio alimentario ou limitar o consumo de produtos de orixe animal etc.
A antiga Oficina de Medioambiente colaborou coa UDC Saudable para a promoción de hábitos de alimentación saudables e sostibles. Parte desta sinerxía reflíctese na elaboración destas dúas exposicións que analizan a relación entre os alimentos que consumimos e a nosa saúde e a do planeta, valorando cuestións como a pegada ecolóxica e orixe dos alimentos, o desperdicio alimentario ou as prácticas para reducir os seus impactos.
→ Exposición Prato de Harvard: trátase dunha guía de axuda para levar a cabo unha dieta saudable, centrándose nas proporcións dos tipos de alimentos. Ademais, recolle múltiples opcións dentro de cada grupo de alimentos, analizándoos segundo a súa orixe, pegada hídrica... E tamén achegando ideas de receitas.
→ Exposición Compra saudable e sostible: hai múltiples cuestións que poden favorecer que a nosa cesta da compra sexa máis sostible. Desde os lugares onde mercamos e os envases que consumimos, ata a conservación dos alimentos unha vez no fogar teñen un impacto na pegada ecolóxica relacionada coa alimentación. Saber como reducila está nas nosas mans.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible