Preparándonos para poñer a bailar as buxainas!
De 5 a 7 anos
Infantil, Familias
22/03/2025
Ya ha finalizado
Desde el 19/03/2025 hasta el 22/03/2025
Require inscrición
De 11.30 a 13.00 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Calle Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
12
981 184 388
O sádado 22 de marzo, ás 11.30h, contaremos cun obradoiro moi especial na Biblioteca Durán Loriga para poñer a bailar todas as buxainas e perinolas que se nos poñan nas mans!
Na sala de Exposicións Salvador de Madariaga (a que está no propio edificio da biblioteca) contamos dende o día 13 de marzo ata o 4 de maio, cunha exposición dedicada en exclusiva ao mundo das buxainas e das perinolas, e a biblioteca non podía deixar pasar a oportunidade de sumarnos á homenaxe que este xogo interxeracional tanto se merece.
Contamos cunha mostra de libros dedicados a estes xoguetes e ao mundo dos xogos que, pensando na primavera que xa asoma, seguro que darán moitas pistas do que podemos facer para botar unhas risas.
A biblioteca acollerá obradoiros para distintas idades, comezando con este para raparigos e raparigas de entre 5-7 anos con moitas ganas de poñer a bailar buxainas e perinolas que traian ou que descubran aquí. O taller tamén contará con xogos creativos nos que deseñar e decorar a súa propia buxaina.
E se algún familiar quere acompañalos tamén poderá.
Para participar, só tedes que inscribirvos. Esperámosvos!
Actividades relacionadas
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible