6 de xuño de 2025
O Concello colabora a través da Fundación Emalcsa nesta iniciativa organizada pola Asociación Cultural Negus
Este sábado, 7 de xuño, o auditorio do parque de Santa Margarida acollerá a celebración do festival inclusivo 'On d Bass Vol.7', organizado pola Asociación Cultural Negus coa colaboración do Concello e a Fundación Emalcsa. "Desde o Goberno de Inés Rey apostamos por ofrecer espazos ás entidades culturais da cidade que promoven eventos solidarios ou inclusivos coma este, que xa se ven celebrando no espazo O Túnel do Coliseum", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
O evento de música reggae comezará ás 17.00 horas e a entrada será de balde. Participarán diferentes colectivos galegos como Soundkilla Soundsystem, Bass Dealer meets Pintega Sistema de Son, Delirium Soundsystem ou DJ Inclusivo, iniciativa que xorde do programa Cultura Accesible e Inclusiva da Fundación Emalcsa.
Este evento servirá tamén para conmemorar o 25 aniversario da Asociación Cultural Negus, unha agrupación que colabora co Concello e a Fundación Emalcsa desde o ano 2016, sempre a través de proxectos a prol da inclusión social e a integración da cultura en todos os seus proxectos. Nestes 25 anos Negus organizou actividades formativas e eventos musicais e culturais e coincidindo coa primeira edición do Foundation Reggae Festival.
O Festival Inclusivo 'On d Bass Vol.7' contará coa montaxe de tres Sound Systems artesanais, polas que pasarán coas súas sesións numerosos artistas locais, galegos e internacionais, así como a actuación do cantante senegalés Baba Sall e coa especial participación de alumnos de "Dj Inclusivo" provenientes de entidades como Down Coruña, Fundación ADCOR, CASCO e Artefios. No evento irá pasando alumnado de Dj Inclusivo que demostrarán ao público as habilidades aprendidas coas súas propias sesións.
18 de xullo de 2025
16 de xullo de 2025
16 de xullo de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible